Roteiros por Ribadeo

ROTEIROS GUIADOS POLA PRAIA DAS CATEDRAIS

Trátase duns 13 ROTEIROS GUIADOS POLO MONUMENTO NATURAL DA PRAIA DAS CATEDRAIS a través do cales se mostrarán os aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, naturais e mitolóxicos relacionados cós lugares polos que se discorre.O roteiro deseñado transcorrerá dende o comezo do Monumento Natural da Praia de Augas Santas (As Catedrais) ata Rinlo (9 km).Levarse a cabo durante o xoves, venres e sábado de Semana Santa e os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio e 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, en horario de 10.00h a 14.00h.O punto de encontro será diante do punto de información turístico da praia de As Catedrais.

As prazas son limitadas, para formalizar a reserva en turismo@ribadeo.org ou no 982 128 689.

 

Leave a Reply